Saltar ao contido

Mar de Santiago

Paseo peonil e contorna fluvial

  • Paseo peatonal y entorno fluvial
  • Paseo peatonal y entorno fluvial
  • Paseo peatonal y entorno fluvial
  • Paseo peatonal y entorno fluvial
  • Paseo peatonal y entorno fluvial
  • Paseo peatonal y entorno fluvial
  • Paseo peatonal y entorno fluvial
Dirección

Paseo peatonal 36612 Catoira, Pontevedra

Coordenadas GPS

Lonxitude: 42.67579472532586

Latitude: -8.72236052086958

Trátase dun extenso e coidado espazo natural na desembocadura do Ulla que comunica o centro de Catoira coas Torres do Oeste e segue ata o veciño municipio de Valga, percorrendo así un tramo da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla. Fórmao unha ampla marisma catalogada como ZEC e integrada na Red Natura 2000.

Ademais dos seus considerables valores paisaxísticos, nela atopamos especies habituais nas zonas de ribeira, como a garza real, o martiño peixeiro (alción ou picapeixe), corvos mariños (ou canilongas), píntegas, cobras de auga, a fuxidía londra (ou lontra) etc.

Para facilitar o acceso e preservar este delicado ecosistema, boa parte do camiño faise mediante pasarelas de madeira.

OFICINA TURÍSTICA DE

Catoira

Paseo Xelmírez 2, Catoira (Pontevedra)