Vilanova de Arousa é un municipio costeiro localizado na parte occidental da comarca do Salnés, no noroeste de España e en plenas Rías Baixas. Este municipio da provincia de Pontevedra é coñecido nacional e internacionalmente por ser unha das principais zonas de produción de mexillón de Galicia, e por ser a vila de nacemento de Ramón María del Valle-Inclán, un dos autores máis destacados das letras españolas do século XX.
Aeroporto
Vilanova sitúase a medio camiño dos principais aeroportos de Galicia. A uns 60 quilómetros ao sur está o aeroporto de Vigo (Peinador) e, a 70 quilómetros ao norte, o de Santiago de Compostela (Rosalía de Castro – Lavacolla).
Transporte público
A estación de tren máis próxima a Vilanova de Arousa é a de Vilagarcía, a só 15 minutos do noso destino.
En coche
As principais vías de acceso a Vilanova de Arousa son a nacional PO-548 que comunica a vila por estrada cos municipios de Catoira, Valga e Pontecesures; e a autopista AP-9 que conecta A Coruña con Vigo cruzando Galicia de norte a sur. Para acceder a Vilanova por esta autopista é preciso tomar a saída de Caldas de Reis, e desde aí continuar pola estrada nacional.
Coordenadas GPS
Lonxitude: 42 ° 56’45.07 “
Latitude: O8 ° 82’67.39 “
Tempo de viaxe:
Catoira: 26 minutos
Valga: 30 minutos
Pontecesures: 33 minutos
OFICINA TURÍSTICA DE
Vilanova de Arousa