Saltar ao contido

Mar de Santiago

Turismo activo

Mar de Santiago é un destino verde grazas á súa posición privilexiada, que comprende espazos bañados polo Atlántico e a desembocadura do río Ulla. A orografía da zona, con montañas baixas e desgastadas, favorece o transcurso de pequenos ríos, o traballo dos muíños na súa época, e diversas rutas dunha dificultade media-baixa para os amantes do deporte. As bodegas de viño albariño, a pista de karts en Valga e outras actividades de ocio ao aire libre completan a oferta de turismo activo desta ruta marítimo fluvial.

Ruta PR G 126 en Vilanova

1.

As rutas de sendeirismo e subidas aos miradoiros do Faro da Lúa e Monte Lobeira en Vilanova

A ruta PR G 126, que discorre entre os famosos miradoiros Monte Lobeira e Faro das Lúas de Vilanova de Arousa, é a actividade ideal para os amantes do sendeirismo e do BTT. Partindo desde as inmediacións da igrexa parroquial de András para conectar con varias pistas forestais, ademais de gozar dunha boa xornada de ruta ou de ciclismo, permitiranos contemplar vistas espectaculares de toda a ría de Arousa.

Karst en Valga

2.

Karts en Valga

Se es un amante da automoción e das emocións fortes, non podes deixar de acudir ao kartódromo de Valga. Trátase dun circuíto de algo menos dun quilómetro de lonxitude con curvas de diferente dificultade e con 30 karts de 270 cc que vos permitirán pasar un momento divertido a ata 85 quilómetros por hora.

Rutas en Kaiak polo Ulla

3.

Rutas en Kaiak polo Ulla

Ademais de en barco, é posible descubrir Mar de Santiago desde unha perspectiva diferente percorrendo diferentes tramos da ruta en kaiak. Existen varias empresas que permiten alugar estas embarcacións para gozar dalgúns tramos do río Ulla ou de Vilanova de Arousa e a contorna da ría remando ao teu ritmo e, sobre todo, pasando un bo momento con esta entretida actividade náutica.

Adegas de albariño DO Rías Baixas

4.

Adegas de albariño DO Rías Baixas

Os amantes da enoloxía e o enoturismo gozarán como nunca en Mar de Santiago e, moi especialmente, no municipio de Vilanova de Arousa, onde é posible visitar 3 das bodegas de viño albariño máis emblemáticas de Galicia e da Denominación de Orixe Rías Baixas. Unha maneira diferente de coñecer o destino, imbuíndose nos seus caldos e na súa historia vitivinícola.