Fervenzas e Muíños de Parafita e Raxoi
Fervenzas e Muíños de Parafita e Raxoi
Dirección
Río Valga 36620 Valga, Pontevedra
Coordenadas GPS
Lonxitude: 42.685812611432404
Latitude: -8.626683361595598
Localizado entre os núcleos de Parafita e Raxoi que lle dan nome, trátase dun estreito e accidentado canón polo que baixan con forza as augas do río Valga formando continuos saltos e fervenzas. Na súa contorna atopamos diversos muíños, pasarelas e pontes de madeira que forman unha fermosa paisaxe fluvial incrustada nun típico bosque de ribeira.
Sen dúbida serán os meses máis húmidos os ideais para percorrer esta paraxe, especialmente no outono, cando o bosque empeza a cambiar de cor e os musgos e fentos cobran todo o seu vigor.
OFICINA TURÍSTICA DE
Valga