Saltar ao contido

Mar de Santiago

Comunicación

Vilanova de Arousa

Vilanova de Arousa é un municipio costeiro localizado na parte occidental da comarca do Salmés, no noroeste de España e en plenas Rías Baixas. Este municipio da provincia de Pontevedra é coñecido nacional e internacionalmente por ser unha das principais zonas de producción de mexillón de Galicia e por ser a vila de nacemento de Ramón María del Valle-Inclán, un dos autores máis destacados das letras españolas do século XX.

avion
Aeroporto

Vilanova sitúase a medio camino dos principais aeroportos de Galicia. A uns 60 kilómetros ao sur atópase o aeroporto de Vigo (Peinador), e a 70 kilómetos ao norte de Santiago de Compostela (Rosalía de Castro – Lavacolla).

tren
Transporte público

A estación de tren máis cercana a Vilanova de Arousa é a de Vilagarcía, a só 15 minutos do noso destino.

coche
En coche

As principais vías de acceso a Vilanova de Arousa son a nacional PO-548, que comunica a vila pola estrada cos municipios de Catoira, Valga e Pontecesures; e a autopista AP-9, que conecta A Coruña con Vigo cruzando Galicia de norte a sur. Para acceder a Vilanova por esta autopista é preciso tomar a saída de Caldas de Reis, e desde aí continuar pola estrada nacional.

coordenadas
Coordenadas GPS

Lonxitude: 42 ° 56’45.07 “
Latitude: O8 ° 82’67.39 “

Tempo de viaxe:

Catoira: 26 minutos
Valga: 30 minutos
Pontecesures: 33 minutos

Catoira

Catoira é un municipio situado na provincia de Pontevedra, no noroeste peninsular de España (Galicia). Levantado ás beiras do río Ulla, moi cerca xa da desembocadura na ría de Arousa, a súa historia sempre estivo vencellada á das súas torres, fortaleza defensiva dos tesouros de Santiago de Compostela durante a Idade Media.

Aeroporto

O aeroporto máis próximo a Catoira é o de Santiago de Compostela (Rosalía de Castro – Lavacolla), situado a pouco máis de media hora do municipio (52 quilómetros) a través da autopista AP-9.

Transporte público

O municipio catoirense conta coa súa propia estación de tren pola que pasan regularmente trens que percorren a liña de Vigo-Pontevedra-Vilagarcía de Arousa-Santiago de Compostela-A Coruña en ambos sentidos. No recinto non hai venda de billetes, polo que só hai que subir ao tren e unha vez no interior, solicitar o billete ao revisor.

En coche

Catoira ten excelentes conexións se pensas chegar pola estrada. Podes facelo a través da autopista AP-9 con saída en Padrón, que enlaza directamente coa Autovía do Barbanza na que o municipio ten a súa propia saída. Tamén é posible chegar pola estrada nacional a través da N-550, que vertebra tamén cos municipios de Pontecesures e Valga.

Coordenadas GPS

Lonxitude: 42°66’69.61″
Latitude: 08°72’16.80″

Tempo de desprazamento:

Vilanova de Arousa: 26 minutos
Valga: 12 minutos
Pontecesures: 15 minutos

Valga

Valga é un municipio galego situado na provincia de Pontevedra, ás beiras do río Ulla. Este municipio é famoso pola anguía, produto gastronómico por excelencia, e pola elaboración de Caña do País, das mellores consideradas de Galicia. Tamén foi berce de La Bella Otero, unha das cantantes e actrices máis famosas da Belle Époque francesa.

Aeroporto

O aeroporto máis próximo a Valga é o de Santiago de Compostela (Rosalía de Castro-Lavacolla), situado a uns 25 minutos (40 quilómetros) do municipio a través da autopista AP-9, con accesos en Padrón e Carracedo.

Transporte público

Aínda que Valga non conta con estación de tren nin de autobús propia, a parada de tren de Pontecesures atópase moi próxima, a uns 5 minutos en coche do centro da localidade.

En coche

Ademais da estrada N-550, que une Valga co resto de municipios da ruta Mar de Santiago, tamén é posible chegar a esta localidade a través da AP-9 e da Autovía do Barbanza, ambas con saída en Padrón, a menos de 10 minutos en coche.

Coordenadas GPS

Lonxitude: 42°69’97.04″
Latitude: O8°64’84.89″

Tempo de desprazamento

Vilanova de Arousa: 30 minutos
Catoira: 12 minutos
Pontecesures: 5 minutos

Pontecesures

Pontecesures é un pequeno municipio situado ás beiras do río Ulla na provincia de Pontevedra, xusto na fronteira con A Coruña, á que se accede a través da ponte que lle outorga o nome. A súa poboación é famosa en toda Galicia por ser un dos puntos emblemáticos para a captura da lamprea, o peixe milenario do Ulla que se pesca desde fai xeracións seguindo técnicas tradicionais.

Aeroporto

O aeroporto máis próximo a Pontecesures é o de Santiago de Compostela (Rosalía de Castro – Lavacolla), situado a uns 20 minutos (38 quilómetros) do municipio percorrendo a autopista AP-9, ou a 40 minutos se se decide ir pola estrada, pola N-550.

Transporte público

Pontecesures conta coa súa propia estación de tren, pola que pasan regularmente trens que realizan a ruta A Coruña-Vigo en ambos sentidos, con paradas nas principais cidades de Galicia como Pontevedra, Vilagarcía de Arousa ou Santiago de Compostela.

En coche

Para chegar en coche a Pontecesures o máis sinxelo é circular pola nacional 550, que une o municipio cos concellos de Catoira, ao sur, e Padrón ao norte. Tamén é posible acceder a través da autopista AP-9 ou a Autovía do Barbanza, ambas con acceso en Padrón, a menos de 3 minutos en coche de Pontecesures.

Coordenadas GPS

Lonxitude: 42°71’92.14″
Latitude: 08°65’19.38″

Tempo de desprazamento:

Vilanova de Arousa: 33 minutos
Catoira: 15 minutos
Valga: 5 minutos