Que ver e facer
1
Translatio/Ruta Xacobea do Mar de Arousa-Ulla
O porto de Vilanova de Arousa é o punto de partida desta singular ruta marítimo fluvial que nos achega a Santiago de Compostela navegando a través do Mar de Arousa e o río Ulla, seguindo o traxecto realizado pola barca do Apóstolo.
Durante o percorrido, á vez que desfrutamos da ría, achegámonos ás bateas onde se cultiva o afamado mexillón e descubrimos os 17 fitos en forma de cruceiro que balizan o Vía Crucis marítimo-fluvial que guía este Camiño de Santiago.
Ao chegarmos ao Ulla, pasamos fronte aos impoñentes restos das Torres do Oeste, en Catoira, que defenderon Compostela do ataque de viquingos, normandos e piratas sarracenos. Cada ano, a principios do mes de agosto, son escenario dunha impresionante recreación festiva daquelas invasións. A ruta finaliza en Pontecesures, tras remontar o tramo final do río Ulla a través das marismas de Valga, recoñecidas polos seus valores naturais e integradas na Rede Natura 2000.
2
Museo da Historia de Valga
A historia de Valga está unida á de dúas personaxes singulares e relevantes: o político galeguista e historiador Xesús Ferro Couselo (1906-1975) e a bailarina e cantante da Belle Époque, Agustina Otero, mundialmente coñecida como A Bela Otero (1868-1965). Ambos están moi presentes neste moderno edificio que recolle os principais valores e características do concello, á vez que dedica una planta a cada un deles.
3
Casa Museo de Valle Inclán
Coñecida tamén como “Casa do Cuadrante”, recolle boa parte da obra de Valle-Inclán e outras publicacións relacionadas coa súa vida, así como manuscritos doutros documentos relacionados coa vida e a administración de Vilanova de Arousa. Igualmente conta co mobiliario orixinal e aveños propios dunha casa galega de clase media de mediados do século XIX.
Sen dúbida, o Salnés e o seu famoso viño Albariño son o corazón das Rías Baixas. En Vilanova atoparemos unha singular mostra do enoturismo máis exquisito e que nos ofrece a oportunidade de vivir unha auténtica experiencia para os sentidos.
4
Enoturismo para os sentidos
Desde estes dous singulares emprazamentos, ambos no Monte Lobeira, teremos a ocasión de gozar de excelentes vistas sobre a ría de Arousa, o Salnés, a comarca do Barbanza, a Illa de Ons etc.
5
Miradoiros de Monte Lobeira
e Faro das Lúas
6
Centro de Activación cultural
Torres do Oeste
Esta singular edificación e a súa contorna, moi próxima ás Torres de Oeste, recollen todo o saber relacionado coa presenza dos viquingos en Galicia, especialmente nestas terras. Aquí poderemos encontrar información detallada sobre a cultura nórdica, as Torres, a festa e incluso un verdadeiro barco viquingo.
7
Festa da Lamprea
Da lamprea din que ou a amas ou a aborreces. De aí que uns lle chamen “a raíña do río” mentres que outros a cualifiquen de “monstro”. En calquera caso, Pontecesures é un dos principais destinos gastronómicos para os que aprecian este singular manxar.
En pé dende fai 2000 anos, a súa orixe sitúase no s. I d. C. Esta fermosa mostra da enxeñería romana foi e é cruzamento de camiños e testemuño da historia. Con doce robustos arcos en perfecto estado, hai constancia de que, no momento da súa construción, a ponte tivo varios quilómetros de lonxitude.
8
Ponte romana de Pontecesures
Trátase dunha rede de lugares moi coidados e de grande interese natural e paisaxístico que podemos visitar dun modo tranquilo e relaxado. Está formado pola singular lagoa Mina Mercedes, a praia fluvial de Vilarello, o Parque Irmáns Dios Mosquera, o miradoiro de Monte Beiro, e as fervenzas e muíños de Parafita e Raxoi. Cinco lugares que non podemos deixar de visitar.
9
Ecomuseo de Valga
10
Romaría Viquinga e Torres de Oeste
Mostra da impoñente fortificación defensiva creada para protexer Santiago de Compostela das invasións bárbaras, as actuais Torres de Oeste recobran protagonismo internacional cada primeiro domingo de agosto, grazas á Romaría Viquinga.
Este festexo, que se celebra desde 1960, reúne cada ano miles de persoas atraídas pola singular “invasión festiva” e o crecente interese pola cultura nórdica, ligada á nosa historia e a Compostela.