Saltar ao contido

Mar de Santiago

Festa do Mexillón e do Berberecho

  • Barco mejillones
Dirección

36620 Vilanova de Arousa, Pontevedra

Coordenadas GPS

Lonxitude: 42.563064780417946

Latitude: -8.827320872764444

Desde 1994, e durante a segunda fin de semana de agosto, tanto veciños de Vilanova coma miles de visitantes e turistas reúnense para gozar dos seus produtos estrela, o mexillón e o berberecho, que son servidos de múltiples maneiras e elaboracións. Ambos son a base da industria local e de boa parte da súa historia a través das conserveiras; de aí, tamén, o seu arraigamento popular e a participación dos veciños, que dan a coñecer o seu traballo e a gastronomía local a todos os visitantes.

O festexo acompáñase de actuacións musicais, un desembarco viquingo, unha feira de oportunidades etc., que forman así un completo programa de actividades coas que desfrutar durante toda a fin de semana.

Esta festa está declarada de Interese Turístico de Galicia.

OFICINA TURÍSTICA DE

Vilanova de Arousa

Luces de Bohemia, s/n • 36620 • Vilanova de Arousa (Pontevedra)