Porto Mar de Santiago
Porto Mar de Santiago
Dirección
Avda. de Galicia s/n 36620 Vilanova de Arousa, Pontevedra
Coordenadas GPS
Lonxitude: 42.56229636278302
Latitude: -8.831305073528453
A estación marítima Mar de Santiago é o inicio do noso particular Camiño á Orixe, pois deste lugar parten os barcos que percorren a ruta marítimo fluvial ata Pontecesures, tanto os catamaráns máis grandes coma pequenas embarcacións para viaxes de grupos reducidos e con carácter máis privado. Nas súas instalacións atópase tamén a oficina de información turística de Vilanova de Arousa, unha parada imprescindible para recadar datos de interese antes de comezar a ruta.
Pero, ademais, este porto é así mesmo o lugar idóneo para ver levantar áncora e atracar os numerosos pesqueiros do municipio, que faenan tanto na ría de Arousa coma ao se internaren no Atlántico.
OFICINA TURÍSTICA DE
Vilanova de Arousa