Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Visitantes nacionais e internacionais descobren a Traslatio a través da excursión Mar de Santiago

Visitantes nacionais e internacionais descobren a Traslatio a través da excursión Mar de Santiago

Mar de Santiago, xeodestino que integra os Concellos de Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures, puxo recentemente en marcha unha iniciativa para dar a coñecer o seu atractivo turístico. Con este fin, naceu a excursión Mar de Santiago, unha proposta diferenciadora que permite descubrir o territorio, coa Traslatio como eixo vertebrador, e que estará dispoñible ata principios de setembro.

Visitantes nacionais e internacionais interesáronse por esta actividade, que comprende un percorrido dun día enteiro con saída e chegada desde Compostela. Desde a organización mostran a súa satisfacción pola boa acollida rexistrada nas primeiras viaxes, que onte estreaban o mes de agosto cun grupo de visitantes procedentes de distintos puntos d país.

Doble vertente

A excursión Mar de Santiago ofrece a posibilidad de coñecer o territorio que deu orixe ás peregrinacións de dous modos diferentes. Así, cada un dos municipios se pode descubrir desde o percorrido en barco -recreando o itinerario realizado polos restos do Apóstol– e desde terra.

No caso de Pontecesures, achégase aos visitantes á historia da súa ponte romana e á gastronomía localna Casa da Lamprea e a Praza de Abastos-, iniciando a explicación sobre o único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo co Fito Xacobeo como punto de inicio e final do mesmo.

Desde o porto fluvial cesureño iníciase o percorrido en barco para despois realizar unha primeira parada en Vilarello, única praia fluvial de Mar de Santiago. Continuando o percorrido e desfrutando dun entorno natural de gran valor, a embarcación recala nas Torres de Oeste, antiga fortaleza de Compostela, cuxos restos levan aos visitantes ás invasións viquingas.

Surcando o singular estuario do Ulla, o itinerario continúa cara á ría de Arousa. Aquí, achégase ás personas asistentes ao cultivo do mexillón, un dos produtos gastronómicos por excelencia da zona.

Enogastronomía e cultura

Tras desembarcar na estación marítima de Mar de Santiago, a excursión continúa cunha proposta enogastronómica en Bodegas Granbazán. Esta consiste nunha visita guiada ás instalacións que finaliza cunha cata comentada de viños D.O. Rías Baixas maridada con queixos e conservas galegas.

Xa pola tarde, esta proposta da a coñecer as impresionantes panorámicas desde el miradoiro de Pedras Miúdas, en Catoira. Dende alí, recórdase, a vista de páxaro parte do percorrido realizado en barco.

Finaliza a experiencia en Mar de Santiago cunha visita ao Centro de Interpretación da Caña de Valga, destacando os seus produtos gastronómicos máis destacados, ademais de mencionar a destacada figura de La Bella Otero. Unha proposta do máis variada para complementar a experiencia xacobea ou a visita a Compostela.

Reservas en liña

Toda a información sobre esta proposta turística atópase en www.mardesantiago.com. A reserva da excursión Mar de Santiago, operada por Tour Galicia, pódese realizar na web. Do mesmo modo, foméntanse as reservas directas de visitantes, a través de dípticos promocionais.

A maiores, ofrécese a posibilidad de visitar o territorio por conta propia reservando unicamente a ruta da Traslatio. Para iso, pódese contactar con calquera das catro navieras que operan no territorio: Amare Turismo Náutico, La Barca del Peregrino, Tours Rías Baixas ou Viajes Juan Allo. Os horarios actualizados das saídas de barcos pódense consultar na web do destino turístico e tamén nos seus perfís de Facebook e Instagram.

Saída garantida de barcos

Otraballo de promoción do xeodestino, incluído dentro do Plan Estratéxico Turístico de Mar de Santiago (2021-2025), comprendeu a creación dun novo produto turístico. Este promove, entre outros aspectos, o percorrido en barco desde Pontecesures a Vilanova de Arousa visitando o único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo. Deste xeito, búscase que os peregrinos e visitantes que cheguen a Compostela anímense a completar a súa experiencia descubriendo a área por onde, de acordo co Códice Calixtino, pasaron os restos do Apóstolo Santiago desde Jaffa cara Compostela (máis coñecida como a Traslatio). Dado o interés que suscita este percorrido, desde Mar de Santiago traballouse por garantir a saída de barcos desde o porto fluvial de Pontecesures para desprazar aos visitantes ata Vilanova de Arousa, descubrindo a bordo os valores naturais, históricos e culturais destes dous municipios e dos de Valga e Catoira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *