Se queres descubrir o percorrido da considerada como primeira peregrinación a Compostela, convidámoste a que realices a Traslatio cara o Mar de Santiago. Os nosos barcos levarante por unha interesante viaxe na que cruzarás polo territorio que atravesaron os restos do Apóstolo cara a Santiago, lugar onde se contruíu a Catedral, hoxe punto de encontro dos distintos Camiños.
Hai saída garantida dende Pontecesures a Vilanova de Arousa -pasando por Valga e Catoira-todos os xoves. Aquí están os horarios:
Agosto:
- Sábado 6, saída ás 09:10, operado por Amare Turismo Náutico
- Domingo 7, saída ás 09:10, operado por Amare Turismo Náutico
- Luns 8, saída ás 09:40, operado por Amare Turismo Náutico
- Xoves 11, saída ás 13:25, operado por Amare Turismo Náutico
- Xoves 11, saída ás 17:00
- Venres 12, saída ás 13:55, operado por Amare Turismo Náutico
- Xoves 18, saída ás 11:00
- Xoves 25, saída ás 17:00
Setembro:
- Xoves 1, saída ás 11:00
O percorrido, de hora e media aproximadamente, levarate polas impresionantes paisaxes dun entorno natural singular: dende a saída do porto fluvial de Pontecesures pasando polos meandros de Valga e o estuario do río Ulla en Catoira ata chegar á desembocadura na Ría de Arousa e finalizar na estación marítima de Vilanova de Arousa. Durante este traxecto descubrirás 12 dos 17 cruceiros que compoñen o único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo e que te levarán a revivir o itinerario realizado polos restos do Apóstolo ata Compostela.
Apetécete desfrutar dun xoves diferente no noso territorio? Aproveita e visita Mar de Santiago este verán!