Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Preto de 70 persoas de diferentes nacionalidades seguiron os pasos do Apóstolo coa excursión Mar de Santiago durante este verano

Preto de 70 persoas de diferentes nacionalidades seguiron os pasos do Apóstolo coa excursión Mar de Santiago durante este verano

ExcursionMarDeSantiagoBalance

Despois duns intensos meses de xullo e agosto, Mar de Santiago dá por finalizado o seu programa de excursións polo xeodestino integrado polos municipios de Pontecesures, Valga, Catoira e Vilanova de Arousa. A proposta, que se desenvolveu durante os xoves deste verán, contou coa asistencia de preto de 70 persoas de diferentes nacionalidades. Se queres saber como foi esta iniciativa e como poderías aplicala pola túa conta, aquí contámoscho todo!

Un dos aspectos que máis chamou a atención das persoas asistentes é o percorrido dobre a través do xeodestino Mar de Santiago: por mar -seguindo os pasos do Apóstolo a través da Traslatio– e por terra -a través de diferentes puntos de interese dos catro municipios-. Ademais, ofrecéronse experiencias de distinto tipo: turismo marítimo, cultural, natural e enogastronómico, que tomaron como nexo de unión -do mesmo xeito que no propio xeodestino- a único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo. Este levarache desde o porto fluvial de Pontecesures sucando as augas do río Ulla cara ao porto de Mar de Santiago -en Vilanova-, pasando pola praia fluvial de Vilarello -en Valga- e polas impresionantes Torres de Oeste e o singular estuario do Ulla -en Catoira-.

A experiencia Seguindo os pasos do Apóstolo a través de Mar de Santiago levou a que as persoas asistentes descubrisen a gastronomía típica de Valga ou Pontecesures, cos destilados e a lamprea como principais expoñentes, respectivamente, así como outros lugares e actividades que resultaron en grao sumo sorprendentes. A proposta enoturística en Adegas Granbazán -en Vilanova de Arousa- e o miradoiro de Pedras Miúdas -en Catoira- foron dous dos aspectos con mellor valoración por parte das persoas visitantes.

Se che apetece unha escapada diferente, non deixes de poñer no teu itinerario por Mar de Santiago algúns destes puntos de interese. Poderás gozar do mellor do noso xeodestino, que, ademais, está a un paso de Compostela. Anímaste a vivir estas experiencias? Visita Mar de Santiago!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *