Onde estamos

A ruta do Mar de Santiago está situada en Galicia, o destino final de tódolos Camiños, e máis concretamente no centro da ría de Arousa, a máis famosa das rías galegas.

Partindo do porto de Vilanova de Arousa subiremos por parte da ría e o tramo final do río Ulla, atravesando paisaxes de gran beleza e relevancia histórica nas localidades de Catoira e Valga ata chegar ao noso destino, o porto fluvial de Pontecesures.

A partir de aí, a nosa ruta conecta coa última etapa do Camiño Portugués, a só 25 quilómetros da meta: Santiago de Compostela.