- Os concellos de Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures unen as súas potencialidades e atractivos turísticos para conformar unha plataforma común que poña o foco nos produtos e experiencias enogastronómicas neste enclave marítimo fluvial único no mundo.
- As catro entidades locais traballan conxuntamente para mobilizar preto de 2 millóns de euros na convocatoria extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino con cargo aos fondos europeos Next Generation.
- A intención é que os visitantes poidan desfrutar dos atractivos naturais, culturais, gastronómicos, vitivinícolas e experienciais que marca as diferenzas nunha oferta global ligada á ruta da Traslatio rumbo a Compostela.
Vilanova de Arousa, 12 de maio de 2022.
A iniciativa supramunicipal Mar de Santiago, conformada polos concellos de Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures, avanza na súa consolidación como xeodestino de referencia en Galicia. As fortalezas de cada un dos integrantes desta alianza de localidades aportan un valor diferencial ao produto final conxunto, que ademais é único no mundo ao centrarse na ruta marítimo fluvial que deu orixe ao Camiño de Santiago.
A convocatoria extraordinaria dos Plans de Sustentabilidade Turística en Destino (PSTD), financiada con 720 millóns de euros procedentes dos fondos europeos Next Generation, pode traducirse nunha gran oportunidade de futuro para este xeodestino, que leva tempo dando forma a esta folla de ruta estratéxica. En plena segunda anualidade do período extraordinario Xacobeo 2021·2022, Mar de Santiago aspira a mobilizar para o seu proxecto preto de 2 millóns de euros que cubrirían as distintas actuacións previstas, nun proxecto común dentro do Plan Territorial que impulse un potente plan de sustentabilidade turística para aquelas potencialidades e atractivos turísticos únicos de cada un dos socios que o conforman.
A intención é que os viaxeiros que desfruten da oferta de Mar de Arousa poidan coñecer de primeira man os atractivos naturais, culturais, gastronómicos, vitivinícolas e experienciais que ofrecen estes catro municipios nun mesma paquete, para converterse nun polo de atracción turística con capacidade de dar resposta aos diferentes tipos de turismo do mercado, permitindo ademais a desestacionalización da oferta ao longo de todo o ano.
Unha das grandes vantaxes deste xeodestino é que se enmarca en pleno corazón da ruta da Traslatio, que partindo de Vilanova de Arousa permite remontar o río Ulla polas históricas localidades de Catoira e Valga con chegada a Pontecesures, a porta ao tramo definitivo do Camiño portugués. O potencial enogastronómico de Galicia en xeral e das Rías Baixas en particular alcanza cotas destacadas nestes 4 municipios. Todo o sector turístico aporta unha longa experiencia, un enorme nivel de especialización e produtos e servizos que non teñen réplica noutros lugares ou destinos.
O mellor de cada un para una gran oferta global
Mar de Santiago
ofrece ao visitante múltiples opcións para dar cabida a distintos tipos de
conceptos turísticos. Vilanova de Arousa, a vila natal de Valle-Inclán, conta
con espectaculares praias, co Porto Mar de Santiago e ademais é coñecida por
ser un dos lugares con maior tradición de industria acuícola y conserveira de
Galicia. Desde aí parte a espectacular saída á ría de Arousa, navegable todo o
ano, e que ademais é o maior produtor de Europa de mexillón, contando nas súas augas
coa illa de Cortegada (pertencente ao Parque Nacional das Illas Atlánticas).
A segunda parada no
camiño é Catoira, sede da Romaría Vikinga, recoñecida como Festa de Interese
Internacional e do vestixio arquitectónico das Torres de Oeste.
Valga ofrece ao
viaxeiro unha paraxe única e atractivos enogastronómicos de referencia como a
Festa da Anguía ou a Mostra de caña do país, ademais de ser o lugar de orixe
dun personaxe único como a Bella Otero. No referente ás paisaxes naturais,
destaca a praia fluvial de Vilarello.
Por último,
Pontecesures simboliza o punto de chegada deste Mar de Santiago e a porta ao
tramo final antes do Obradoiro. Un lugar emblemático, cheo de historia e
tradición ás beiras de Compostela.