Monumento O Coche de Pedra

  • Monumento O Coche de Pedra
Dirección

Parque do Coche de Pedra 36640 Pontecesures, Pontevedra

Coordenadas GPS

Lonxitude: 42.72194816397961

Latitude: -8.652723224544705

Un dos feitos máis singulares da historia moderna de Pontecesures, xustamente no ano en que se constituíu como concello independente foi a celebración dunha novidosa feira do Automóbil de Ocasión.

Neste ano, 1925, os auténticos visionarios, o médico local Don Víctor García Lozano e o empresario Don Eugenio Escudero organizan esta feira, a primeira de España, seguindo o exemplo da celebrada en Leipzig (Alemaña). O evento foi todo un éxito e repetiuse nos anos 1926, 50 e 54.

Este curioso monumento conmemora aquela iniciativa cunha réplica en granito do Renault Freder matriculado como PO-02, o primeiro vehículo de gasolina que circulou por Galicia e que participou nas dúas primeiras edicións.

OFICINA TURÍSTICA DE

Pontecesures