Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Mar de Santiago nas túas mans: folleto, mapa e guía para descubrir o noso destino

Mar de Santiago nas túas mans: folleto, mapa e guía para descubrir o noso destino

Aínda non coñeces os materiais que preparamos para descubrir o destino Mar de Santiago? Na nosa web poderás acceder a todas as ferramentas que temos dispoñibles sobre esta ruta marítimo fluvial do Camiño de Santiago.

Percorre o trazado que fixo a barca que levou os restos do Apóstolo a Santiago de Compostela, a orixe do Camiño, paso a paso, por mar, río e terra. Unha viaxe, o primeiro, que desembocou en peregrinacións multitudinarias ata a actualidade:

  1. O noso mapa será o primeiro que necesitas ao chegar ao destino. Nel terás información de interese desta ruta marítimo fluvial e da  Traslatio, cos principais puntos de interese que non debes perder nos concellos de Vilanova de Arousa, Catoira, Valga  e Pontecesures. Para que poidas levalo na túa viaxe en barco, está feito nun papel que soporta auga e é moi flexible.
  2. O folleto de Mar de Santiago, do mesmo xeito que o mapa, destaca os principais atractivos de cada un dos municipios que conforman o destino. Coñece Vilanova da man do dramaturgo e escritor Ramón del Valle-Inclán, as praias de O  Terrón e  As Sinas ou a súa fantástica gastronomía na que destacan os mexillóns e as ameixas da Ría de Arousa. De Catoira as súas famosas Torres de Oeste e a súa  Romaría Viquinga, Festa de Interese Turístico Internacional que se celebra cada mes de agosto. Valga cos seus espazos naturais, pequenas xoias verdes como os muíños fluviais de  Parafita e Raxoi e a Lagoa de Mina Mercedes. E Pontecesures, gozando da ponte romana, a súa bonita contorna ao redor do río Ulla e a Festa da Lamprea. Déixate aconsellar e descobre o mellor de cada localidade!
  3. Por último, a nosa guía de Mar de Santiago. Cerca de 80 follas que detallan páxina a páxina os municipios e a beleza que empapa a zona na que a Ría de Arousa abraza a desembocadura do Río Ulla. Un libro dun tamaño perfecto para viaxar, con todos os datos prácticos que necesitas para aproveitar ao máximo a túa escapada!

Descárgate todo na nosa sección descargas, descobre estes 4 municipios e goza dun Camiño diferente, Mar de Santiago, con destino Santiago de Compostela. Sumérxete nunha viaxe de lenda, co espírito dos primeiros peregrinos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *