Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Mar de Santiago conquista ao público de Fairway coa oferta deste destino turístico

Mar de Santiago conquista ao público de Fairway coa oferta deste destino turístico

Mar de Santiago conquistou ao público do Fairway, IV Fórum del Camino de Santiago, que se celebrou entre os pasados 7 e 9 de novembro no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia, en Santiago. As numerosas persoas visitantes amosáronse moi interesadas por descubrir este novo destino, así como os distintos recursos turísticos existentes nos municipios de Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures.

Mar de Santiago reivindicouse coma a orixe dos Camiños, ofrecendo unha experiencia complementaria ás Rutas Xacobeas. Así, animouse ao público visitante a seguir o itinerario da Traslatio descubrindo un territorio no que natureza, cultura, historia e gastronomía se atopan moi presentes.

Precisamente os percorridos a través do único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo centraron a atención das personas visitantes, tanto profesionais como público xeral. Neste sentido, moitas das preguntas realizadas no stand que Mar de Santiago tivo en Fairway relacionáronse cos horarios e dispoñibilidade durante todo o ano das viaxes polo Ulla. Con saída tanto en Pontecesures como en Vilanova de Arousa, estes percorridos permiten a peregrinos e turistas descubrir o territorio desde unha perspectiva diferente, adentrándose nas aguas do río Ulla e descubrindo fermosos enclaves naturais. Todo isto complementado cos cruceiros que ofrecen un itinerario único e de gran interese histórico e cultural.

Fairway, IV Fórum del Camino de Santiago facilitou, ademais, a través da súa sección de Workshop a realización de diversas reunións con turoperadores nacionais e internacionais. Unha ocasión ideal para difundir o coñecemento sobre un novidoso destino que pode aportar unha experiencia complementaria á xacobea navegando cára a orixe.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *