Imaxe: Facebook Concello de Pontecesures
Algunha vez probaches a lamprea? Trátase do peixe máis prezado de Pontecesures, pois lévase capturando desde fai centos de anos. Por iso, cada ano celébrase a Festa da Lamprea, un evento perfecto para degustar e coñecer Mar de Santiago. Este ano celebraráse os días 25 e 26 de marzo. Apúntaste?
Con 500 millóns de anos de historia, a lamprea está considerado como o peixe máis antigo do mundo. Aínda que o seu aspecto resulta un tanto un peculiar, apréciase polo seu sabor intenso, que lembra ao dos mariscos e peixes graxos.
Unha celebración con 25 anos de historia
A Festa da Lamprea de Pontecesures atópase entre as exaltacións gastronómicas máis esperadas de Galicia. Desarrollase dende fai 25 anos e, durante a fin de semana en que se celebra, a localidade cesurá énchese de centos de visitantes que acoden para degustar os pratos típicos elaborados con lamprea. Para esta vixésimo quinta edición ofrecerase un menú degustación con tres elaboracións: á bordalesa, en empanada e en escabeche.
As singularidades gastronómicas da lamprea xa espertaban interese na propia Idade Media, cando se consideraba un manxar para reis e nobres. Naqueles tempos, o río Ulla, que atravesa Pontecesures, era un dos lugares onde se pescaba a lamprea de maior calidade.
Por iso, os pescadores locais especializábanse na súa captura, o que se foi transmitindo de xeración en xeración. De feito, no porto fluvial de Pontecesures atoparás pequenas embarcacións pesqueiras a bordo das cales poderás ver os butróns. Trátase dunhas nasas de forma cónica que se lanzan á auga para capturar as lampreas. Os exemplares entran nestas trampas quedando atrapadas dentro, de modo que o peixe quede intacto, mantendo, así, tanto a súa textura como o seu sabor.
A gastronomía de Mar de Santiago
E se queres aproveitar a túa visita a Mar de Santiago, animámoste a comprobar a gran capacidade gastronómica dos municipios que conforman o noso xeodestino. Non podes perder a oportunidade de probar os mexillóns en Vilanova de Arousa, en cuxas augas poderás observar centos de bateas, onde se extrae este bivalvo amparado pola D.O.P. Mexillón de Galicia.
Uns manxares que se poden maridar cos destilados de Valga, ou cos Albariño D.O. Rías Baixas que se elaboran nesta zona. E se queres descubrir outra singularidade, non te perdas a Festa de San Antón de Padua en Catoira. Nela poderás degustar produtos da terra a ritmo de bandas de música, orquestras e moita, moita festa!
En definitiva, en Mar de Santiago podes gozar dun xeodestino repleto de historia, tradición e gastronomía. Esperámoste en Pontecesures os días 25 e 26 de marzo. Ven a coñecer o noso territorio a través do padal!