Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Complementa o teu Camiño e descobre a ruta da auga en Mar de Santiago

Complementa o teu Camiño e descobre a ruta da auga en Mar de Santiago

CaminoMarDeSantiago

Aproveitando que as vacacións de Semana Santa están á volta da esquina, desde Mar de Santiago queremos que goces de máis lugares mentres fas o Camiño de Santiago. Poderás desfrutar de diferentes paraxes, iso si, todos pasados por augua!

Vén e descúbreos!

Porto fluvial de Pontecesures

O primeiro lugar ao que che invitamos desde Mar de Santiago é o porto fluvial situado en Pontecesures. Tamén coñecido como Porto de Compostela, é un dos máis antigos de Galicia. Aquí, chegaban barcos que subministraban con materiais a industria da bisbarra de Santiago convertíndose na base comercial da zona. Hoxendía, é un enclave fundamental na Traslatio. O camiño orixinal que fixeron os discípulos Teodoro e Atanasio para traer os restos do Apóstolo a Santiago.

PuertoPontecesuresMarDeSantiago

Ponte romana de Pontecesures

Recomendámosche que continúes o percorrido visitando a ponte romana de Pontecesures. Foi construído no século I para cruzar o río Ulla. A súa orixe e estilo é romano. Actualmente, une as provincias de Pontevedra e A Coruña. Este lugar é un dos puntos chave do Camiño Portugués.

Laguna Mina Mercedes

Pasando agora ao concello de Valga, podes visitar a Lagoa Mina Mercedes. Este lugar era unha explotación mineira a ceo aberto de mediados do século pasado. Nos anos 80 acabouse a súa explotación dando lugar á actual lagoa. Aquí poderás gozar de fermosas paisaxes.

Fervenzas de Parafita e Raxoi

Outro lugar que merece especial mención en Valga son as fervenzas de Parafita e Raxoi. O río Valga nace nos montes Xesteiras e entre Raxoi e Pedrafita é onde entra nunha zona rochosa que o fai descender 50 metros nunha distancia de 200 metros. Desta forma, orixínanse as fervenzas ás que se pode acceder a través de pasarelas de madeira.

Lagoa Pedras Miúdas

Esta ruta da auga que che propoñemos lévache tamén a Catoira, onde se atopa a Lagoa Pedras Miúdas. Trátase dunha canteira abandonada que de xeito natural se convertíu nunha gran lagoa. Hoxe en día, está chea de riqueza con respecto á flora e á fauna.

Paseo fluvial río Catoira

Neste mesmo municipio, atópase o paseo fluvial del río Catoira. Está composto por longas pasarelas de madeira que siguen o curso do río en total harmonía coa natureza. Teñen altura suficiente para permitir o acceso a elas, aínda que o cauce do río se atope alto, permitindo transitalas en calquera época do ano.

Praia As Sinas

A augua tamén é protagonista no municipio de Vilanova de Arousa, que conta con dous destacados arenais. A praia das Sinas é unha das máis famosas Vilanova. Nela, podes gozar dunha incríble visión de toda a ría de Arousa e das bateas de mexillón.

Praia O Terrón

Para completar o teu Camiño á Orixe podes visitar a Praia O Terrón, situada en Vilanova. Un arenal duns 3 quilómetros que che transmitirá moita tranquilidade. Ademais, conta cunha pasarela que facilita o acceso.

Como poderás ver, en Mar de Santiago gozarás de moitos lugares bañados por auga. Non perdas a oportunidade de gozar desta ruta espectacular. Agardámoste!  

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *