Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » Benvidos á nova web de Mar de Santiago

Benvidos á nova web de Mar de Santiago

Mar de Santiago xa ten web! Desde Vilanova de Arousa, Catoira, Valga e Pontecesures dámosche a benvida a este espazo no que poderás descubrir todo sobre a ruta marítimo fluvial que deu orixe ao Camiño.

A ruta Mar de Santiago percorre estes catro municipios de Galicia, sucando a ría de Arousa e o río Ulla. Comezando no porto de Vilanova, avistando a beleza das paisaxes de Catoira e Valga ata chegar ao porto fluvial de Pontecesures.

Nese último punto, en Pontecesures, a ruta enlázase coa última etapa do Camiño Portugués, a tan só 25 quilómetros da meta: Santiago de Compostela. Este percorrido recolle a esencia do camiño orixinal, pois percorre o mesmo trazado que seguiu a barca que, segundo os escritos, trouxo os restos do Apóstolo desde Palestina a Galicia.

Coñece a nosa web

A nosa web está formada por 5 apartados para empaparte de Mar de Santiago. No primeiro deles poderás saber que é Mar de Santiago e coñecer mellor a nosa orixe, a  Traslatio, que che contamos moi brevemente.

Na sección que ver poderás descubrir os imprescindibles de Mar de Santiago, eses lugares que non podes perderte nos municipios de Vilanova de Arousa,Catoira, Valga e Pontecesures.

Na sección Descobre, poderás ver os mellores plans para a túa viaxe a Mar de Santiago  segmentados por intereses: viaxes en familia, gastronomía, turismo activo e a bordo; e en Planifica atoparás toda a información de interese do noso destino: os mellores lugares para comer e durmir, como chegar ou as principais vías de conexión de cada municipio, entre outros.

Para terminar coa nosa presentación, na sección descargas, poderás descargarte un mapa, un folleto e unha guía para a túa viaxe. Con todo isto ao teu alcance non pode faltarche nada por saber, estamos seguros.

Mar de Santiago, concello a concello

Pero ademais, a web Mar de Santiago conta tamén cunha clasificación por municipios, na que están presentes os principais recursos turísticos de cada un, que poderás coñecer en profundidade a través dunha detallada ficha de produto con descricións, fotografías, dirección e localización no mapa. Tamén recollemos nesta páxina información de interese de cada  Concello, como conexións por estrada, transporte público e distancia aos aeroportos; unha listaxe de aloxamentos e lugares para comer; e unha galería de fotografías.

Desde Mar de Santiago esperamos que todo este contido sexa de axuda para planificar e coñecer a ruta que deu orixe ao Camiño de Santiago. Non te perdas as localidades de Vilanova, Catoira, Valga e Pontecesures nin todos os seus atractivos. Estamos a desexar verte por aquí!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *