O verán xa está aquí e, con el, a tempada de festas e verbenas. Se che presta un plan diferente e percorrer un xeodestino único, apunta na axenda as datas que che mencionamos e achégate a Mar de Santiago para gozar de todos os seus eventos estivais.
Sonatas de Verán, en Vilanova
Empezamos a tempada estival co amplio programa musical que o Concello de Vilanova de Arousa ofrece durante os vindeiros dous meses. A primera cita terá lugar este venres 30 de xuño coa verbena a cargo das orquestras París de Noia e Ritmo Joven no Pazo de Vista Real, a partires das 23.00 horas.
Ademais doutras citas culturais para toda a familia, que se poden consultar na programación, salienta a celebración da Festa do Mexillón e do Berberecho. Esta terá lugar entre os días 10 e 13 de agosto. Amén da propia exaltación gastronómica, ofreceranse concertos de artistas de renome como De Vacas (día 12) e Roi Casal (día 13), músico orixinario de Catoira que puxo a banda sonora ao xeodestino de Mar de Santiago.
Fiestas do Carme, en Pontecesures
Pola súa parte, Pontecesures continúa fiel á súa cita coa Virxe do Carme. A procesión na honra da santa terá lugar este domingo 2 de xullo, ao finalizar a misa solemne. Durante o vindeiro mes está prevista a celebración dos festexos, se ben aínda non está pechado o programa.
Asalto Vikingo, en Catoira
No caso do Concello de Catoira, celebrarase unha nova edición do Asalto Vikingo, a primeira fin de semana de agosto. Trátase da única Festa de Interese Turístico Internacional de Mar de Santiago e destaca pola súa singular viaxe no tempo, recreando as invasións normandas ás Torres de Oeste.
O programa extenderase do 1 ao 6 de agosto, e a cita más salientable terá lugar o propio domingo 6. Ás 12.30 horas, ofrecerase a dramatización del Desembarco Vikingo, na que a veciñanza de Catoira, ataviada acorde á época normanda, surcarán o Ulla nos drakkars para realizaren o asalto á coñecida como a antiga fortaleza de Compostela.
Festa da Anguía e Mostra da Caña do País, en Valga
As celebracións do verán finalizarán coa Festa Anguía e Mostra da Caña do País, que terá lugar do 24 ao 26 de agosto en Valga. Cun amplo programa de propostas, non faltarán os tradicionais concursos de caña nin as degustacións de diferentes receitas utilizando o prato típico por excelencia deste municipio: a anguía.
E para este sábado 1 de xullo, ofrecerase a Festa da Xuventude na praia fluvial de Vilarello. Unha completa xornada chea de propostas culturais para a mocidade, que concluirá coas actuacións de Sés e América de Vigo, a partires das 23.00 horas.
En Mar de Santiago ofrecémosche un verán do máis entretido! Vén visitarnos!