Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » A Ruta Quetzal conclúe en Mar de Santiago a súa expedición 2023 deixando “un legado de amizade e descubrimentos”

A Ruta Quetzal conclúe en Mar de Santiago a súa expedición 2023 deixando “un legado de amizade e descubrimentos”

RutaQuetzalMarDeSantiago

A Ruta Quetzal finalizou en Mar de Santiago a súa expedición 2023 cunha última xornada de convivencia na que a satisfacción e as emocións estuvieron a flor de pel. Congregados no pavillón polideportivo de Vilanova de Arousa, os máis de 200 participantes de toda España lembraron as vivencias desta primeira quincena de xullo. Unha experiencia única que deixará neles “un legado de amizade e descubrimentos”, tal e como indicaba un dos expedicionarios nun fermoso poema escrito sobre a Ruta Quetzal.

RutaQuetzalEstacionMaritimaMarDeSantiago

Con inicio e final no noso xeodestino, os mozos seguiron os pasos do Apóstolo para coñecer de primeira man a lenda da Traslatio. A bordo dun catamarán surcaron o río Ulla descubrindo o único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo e achegáronse aos tesouros naturais, arquitectónicos e culturais que alberga o territorio que aúna Pontecesures, Valga, Catoira e Vilanova de Arousa.

O itinerario por Mar de Santiago da Ruta Quetzal incluiu un percorrido literario por Vilanova de Arousa, con visita á Casa-Museo Valle-Inclán. Esta actividade foi combinada con outras de achegamento a un dos produtos gastronómicos máis destacados da zona: o mexillón. Ademais de coñecer o seu cultivo nos parques de bateas, pudieron ver como se envasa nunha conserveira vilanovesa.

RutaQuetzalVilanovaConservera

Pola súa banda, en Valga pudieron disfrutar das paisaxes debuxadas polos meandros do río Ulla ao seu paso polo concello, así como doutros espazos naturales como a Lagoa de Mina Mercedes ou a praia fluvial de Vilarello. Ademais, os máis de 200 expedicionarios achegáronse á figura de La Bella Otero no Museo de la Historia de Valga, e á súa estatua no Parque Irmáns Dios Mosquera. Non faltou tampoco a visita ao singular Belén Artesanal en Movemento, de interese turístico galego.

RutaQuetzalValga

A viaxe no tempo continuou en Catoira, onde regresaron á época das invasión normandas durante o percorrido polas Torres de Oeste. Desde alí trasladáronse ao CACTO para coñecer máis sobre este fito histórico.

RutaQuetzalCatoira

A maxia das augas do Ulla también descubriu aos máis de 200 participantes as paisaxes a pé de río no municipio de Pontecesures. Alí tamén puideron rescatar un anaquiño de historia a través da emblemática ponte romana que caracteriza a villa.

A expedición Ruta Quetzal 2023. Cára a luz do fin do mundo tamén supuxo unha excelente oportunidade para conmemorar o 30 aniversario da declaración do Camiño de Santiago como Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Con motivo desta efeméride, a expedición incluiu un completo periplo por Costa da Morte e A Coruña, tras ter viaxado desde Viana do Castelo até Compostela. Na capital herculina tiveron a oportunidade de descubrir a figura de Picasso.

RutaQuetzalCostaDaMorte

Unha experiencia inesquecible que sempre terán presente… Xunto con Mar de Santiago como o campamento base dunha expedición que marcou as súas vidas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *