Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » 4 xeitos diferentes de celebrar o Día da Nai en Mar de Santiago

4 xeitos diferentes de celebrar o Día da Nai en Mar de Santiago

MiradorPontecesuresMarDeSantiago

O primeiro domingo de maio celébrase o Día da Nai, unha ocasión perfecta para gozar cos teus achegánte a Mar de Santiago. Os plans no noso xeodestino son infinitos, mais propómosche 4 xeitos de celebrar o Día da Nai en Mar de Santiago. Fai del unha xornada inesquecible!

Almorzar no Miradoiro do Monte Galiñeiro gozando das vistas

Xa estamos en plena primavera, así que toca aproveitar a calor e saír da casa. Podes comezar visitando oMiradoiro do Monte Galiñeiro de Pontecesures, localizado a 300 metros de altitude. As súas impresionantes vistas son unha boa maneira de comenzar o día. Como proposta, podes prepararlle o almorzo á túa nai e comelo nun dos bancos e mesas de pedra desta área recreativa. Achegándote ao pobo de Pontecesures poderedes tamén ver a famosa ponte romana de doce arcos que cruza o río Ulla.

VistasMiradorMonteGalineiroPontecesuresMarDeSantiago

Visitar a Casa Museo de Valle-Inclán

Se procuras un plan cultural, podedes achegarvos á Casa Museo de Valle-Inclán en Vilanova de Arousa. Supón unha gran oportunidade para coñecer o lugar onde naceu un dos autores máis prolíficos da literatura española do século XX. A mediodía, recomendámosche celebrar o Día da Nai levándoa a degustar os exquisitos mexillóns de Vilanova. Este municipio de Mar de Santiago conta cun dos maiores parques de produción destes bivalvos en Galicia.

CasaMuseoValleInclanVilanovaMarDeSantiago

Descubrir os muíños de vento de Catoira

Aínda que é máis coñecido polas súas Torres del Oeste, en Catoira poderedes ver tamén uns muíños de vento, que cecais che lembren ao mesmísimo Quixote. A túa nai sorprenderase! Trátase dun plan diferente, que podedes complementar coa visita ao Centro de Activación Cultural Torres de Oeste, obra do arquitecto César Portela.

MolinosCatoiraMarDeSantiago

Merendar no Parque Irmáns Dios Mosquera

O máis importante para celebrar o Día da Nai é que se sinta querida e coidada. No municipio de Valga atópase o Parque Irmáns Dios Mosquera, que conta cunha área recreativa perfecta para desfrutar dun picnic xunto á túa nai. A carón deste espazo, atópase o Museo da Historia de Valga, onde poderedes descubrir a figura de La Bella Otero.

ParqueIrmansDiosMosqueraValgaMarDeSantiago

Para finalizar un estupendo Día da Nai, recomendámosvos dar un paseo en barco revivindo a Traslatio e admirando o patrimonio histórico e natural que rodea a ría. Cruzaredes os municipios de Vilanova de Arousa, Catoira, Valga y Pontecesures surcando el río Ulla. Con Mar de Santiago acertarás seguro!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *