Saltar ao contido

Mar de Santiago

Portada » 4 cousas sorprendentes no teu Camiño pola Traslatio de Mar de Santiago

4 cousas sorprendentes no teu Camiño pola Traslatio de Mar de Santiago

CruceiroCaminoMarDeSantiago

Un dos imprescindibles no teu Camiño e a túa experiencia xacobea, e máis neste segundo Ano Santo, pasa por Navegar cara á Orixe das peregrinacións. En Mar de Santiago atoparás o destino perfecto para seguir os pasos dos restos do Apóstolo ata Compostela. Neste post, mostrámosche 4 cousas coas que che sorprenderán durante o percorrido a bordo polos municipios deste territorio descubrindo a Traslatio.

Para poder facer este percorrido deberás consultar os horarios e prezos de calquera das tres navieiras que operan este roteiro. O percorrido dura preto dunha hora e media e o custo por billete adoita roldar os 20 euros. Na nosa web tes todos os detalles e os datos de contacto das empresas que ofrecen este servizo.

1) O único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo

O Camiño á Orixe en Mar de Santiago pon ao teu alcance percorrer o único Vía Crucis marítimo-fluvial do mundo. Podes optar por realizar un dos dous itinerarios para percorrer a Traslatio: de Vilanova de Arousa -desde a estación marítima de Mar de Santiago- a Pontecesures -saíndo do seu porto fluvial-, pasando por Catoira e Valga, ou viceversa. En calquera deles, terás a oportunidade de descubrir 12 dos 17 cruceiros a pé de río que rememoran o percorrido dos restos do Apóstolo polo territorio.

CruceiroIllaCastrivelloCaminoMarDeSantiago

2) O traballo nas bateas

Saíndo ou chegando a Vilanova de Arousa poderás descubrir a industria do mexillón. Desde o barco poderás ver o traballo nas bateas e contarás coas explicacións sobre o labor que desenvolven para extraer este típico e delicioso bivalvo.

BateasVilanovaCaminoMarDeSantiago

3) Unha viaxe á época dos viquingos

Unha das paradas ineludibles durante o percorrido da Traslatio son as Torres de Oeste, en Catoira. Este lugar é o escenario perfecto para a posta en escena da Romaría Viquinga, que todos os anos celébrase a primeira fin de semana de agosto.

Estes vestixios trasladan ás persoas visitantes á época das invasións viquingas. Esta zona era un punto estratéxico para acceder a Santiago e foi aquí onde os normandos foron derrotados. Un fito que se conmemora nesta Festa de Interese Turístico Internacional.

4) Paisaxes de inigualable beleza

E como colofón, navegando á orixe en Mar de Santiago, atoparaste con paisaxes de extraordinaria beleza e importancia. Así, durante o percorrido polo roteiro da Traslatio poderás descubrir parte do Parque Nacional das Illas Atlánticas (ben saíndo, ben regresando a Vilanova de Arousa). Unha contorna natural que se complementa coas vistas a pé de río Ulla ao seu paso por Catoira, Valga e Pontecesures, entrocando con espazos integrados dentro da Rede Natura 2000.

Ademais, tamén se pode realizar unha parada en lugares de referencia como a praia fluvial de Vilarello, en Valga. Un punto onde relaxarse e gozar das vistas do río.

PlayaVilarelloValgaTraslatioMarDeSantiago

Que máis motivos necesitas para navegar á orixe a través da Traslatio en Mar de Santiago? Esperámosche!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *